viernes, julio 15, 2005


Libro de Poemas

jueves, julio 14, 2005

FRORES MURCHAS

Segundo libro de poemas de JM.Chanteiro

enlaces relacionados :

Enlace 1(+pincha aqui ) :Entrevista ó poesta da Armea J.M Chanteiro en Noveles.com
Enlace 2 (+pincha aquí) : Sentir Adolescente de JM.Chanteiro

Blog de JM Chanteiro ( +pincha aquí )
Foro de Láncara ( +pincha aquí )
Foro de Poesía ( +pincha aquí )


FRORES MURCHAS :

VEXO :

Vexo a claridade a través das miñas pálpebras,

pero nonas podo abrir.

Vaite de aquí xa coa túa luz,

que son incapaz de amarte.

Se un "¿Qué tal?" fose un "quérote",

e un "quérote" as túas caricias,

vería de novo a luz das estrelas,

vería as frores por primavera

para dicirche de novo "ámote",

para dicirche algo mais ca abstracto.

Miraría cara ó futuro

para o lonxe ve-la túa luz,

o teu sol, o brote tenro

que medra rumbo a ti

tan so pensando en chegar.

Non me digas xa "¿Qué tal?",

pregúntame "¿vivirás?"

que vida non ten sentido

sen quererte, sen amar.



Viva o meu segredo.



¡Viva o teu pelo negro!

¡que viva o meu segredo!.

¿Qué me deches? ¿qué veleno?

que oio unha guitarra

e estou so, e teño medo.

¡Vivan os teus ollos puros!

¡que viva o meu segredo!.

Que corro na noite escura

como lobishome entre a néboa,

buscando a luz do día,

buscando as túas dúas velas.

¡Viva a túa pel morena!

¡viva o meu segredo!

Que en soños, súo en frío,

recordando o que puido ser un bico,

e agora me arrepinto.

¡Viva o teu sorriso fresco!

¡viva o meu segredo!



Que teño mais mal xenio

dende que non te vexo,

que buscabas un covarde,

que buscabas un traidor

e equivocándote encontráchelo,

mais que viva o meu segredo,

que viva o amor.




Doído esta o alento.



Marzo, triste recordo,

ferida na ialma, ferida no vento.

Corre a dor polas veas.

Sangue que mana,

doído esta xa o alento.

Bicos de morte, mochilas do cemiterio.

Enterro, enterrada a alegría,

o fin dun desexo.

Caen as bágoas,

chove, nubrado esta o ceo.

Merda de auga e triste futuro,

espranza perdida,

finou o sosego.



Consérvoa na axenda.



Niste día foise

Marchou co seu pai e non voltará.

Tanto o quería que quixo ir con il.

Tanto a quería que a levou con il.

Miro nesta axenda,

e teño que borrar un numero.

Faise raro borralo por iste motivo.

Fáiseme duro ter que facelo.

Deixareino estar,

que conviva coa axenda,

cos meus recordos, cos seus 27 anos

que o cancro curtou de súpeto.

Brindo por non borrar nunca

ninguén da axenda.



Voa.



Voa, voa pomba dos soños.

Voa, voa miña tristura,

miña lembranza cativa,

neboeiro, humidade, choiva de onte.

Mal que me doe,

mal que me fai

voar de novo.

Voar, voar no recordo,

caendo as bágoas,

a miúdo, como choiva.

Frores estranas, margarita de amor.

Dóeme a risa, doe o que penso.

Penso nela, que volta co tempo.

Cómeme dentro, coma unha inxustiza,

do principio dos días,

do pensar no tempo,

do principio do universo.

Tírame da corda,

da corda do meu pescozo,

xoga cos meus soños,

remata o que non se sabe cando comeza.

Tira xa desta corda,

aperta ata deixalo todo,

ata deixalos soños

o pe dun soitario cemiterio.

Morrería con alegría

pensando en volver nacer

para mirarte de novo

e volver de novo a morrer.

Voa miña tristura

mentres sinto xa o cordel

arredor do meu pescozo

véndoa a ela tirar con pracer.



Caeu o negro.



Por un momento so corría,

por un momento imaxinaba,

escapaba da desfeita,

sentía que xa voaba.

Fuxía como as almas do diaño,

como as brétemas do sol,

a cal lobo da súa bala,

a cal estrela luz do día.

Bágoas polas meixelas,

auga que o aire pasaba,

auga da dor da vida,

auga da fría madrugada.

Rezoabanlle os oídos,

palpitaban, chegaban preto,

vía que morrían vidas

oia a morte, oia agonía.

Aquil bom foi unha frecha,

aquil bom foi dor humana,

auga que caía, auga que queimaba.

A cada paso mais doía,

¿quen faría algo así?,

¿quen mataría a súa vida?,

¿quen me fode?.

Un pai mais xa sen familia,

unha familia sen un pai.

¿Quen perdería tanto?,

¿quen me volve facer chorar?

Corría o sangre polas vías,

corría o sangue polo tren,

surxía o loito inesperado,

rabia por non poder facer nada.

Mentes, dime que non e verdade

que a nosa filla alí non ía,

que esta unión non quedou cortada.

Morreron coma un soño inesperado,

como corte da machada,

como amor que aparece e se queda,

como amor que aparece e se vai.

Corría polas vías da amargura

sabendo que xa non era nada.

¡Morrede fillos de puta!

deixástesme manco, triste, sen alma!.

Corría xa no recordo,

maldicindo a súa vida

recollendo o que foi

o que xa non e nada.

Adeus miña alegría,

miña música celestial

que non sei onde atopar.

¿Por qué me facedes isto?

¿por qué ? se eu non fixen nada.

Se vivo na humildade,

se son un triste emigrante.

Caeu o negro en Madrid

caeu o negro en España.

negro da gadaña,

da gadaña mal afiada.

Quen me viu e quen me ve,

cría que non tiña nada

e despois de perdelo todo,

aínda quedan mais e mais bagoas.

Xa non queda nin a vida,

xa non están as súas miradas,

aquil alento, aquela calor,

que me abrazaba, que me bicaba.

Viñemos gaña-la vida

agora xa non temos o seu vivir.

viñemos para ser millores,

agora somos máquinas, traballadores.

Bombas que facedes mal

deixádenos vivir en paz,

bombas que estoupades,

que aturdides,

estoupando a alegría da xente

non volvades a matar.

Uns quedaron sen vida,

outros sen a ialma,

algunhes sen confianza,

outros sen lograr o que esperaban.

Cantouse a música, celestial,

aínda que hoxe non se recorde.

Cantouse a pena, cantouse ó amor,

a cordura da xente, o incomprensible actuar.

Morreron xa tantas nubes,

morreron xa tantas frores

que ista que che regalo,

pequena estrela debaixo do horizonte.

Seguiron chorando as almas

por fuxir de onde non esperaban.

Seguiron camiño do ceo,

mirando atrás, ós que quedaban.

Rezan por todos nos,

guíannos nas desgracias,

serán anxos da garda,

serán anxos martirizados.

Zoa o vento, chove, logo neva.

Chaman por iles nas súas casas,

e protéxenos do frío,

da escuridade da gadaña.

Bombas que facedes mal

deixádenos andar en paz,

bombas que traizoades

non volvades a matar.



Vin unha pomba voar.



Vin unha pomba voar cara o vento

coas ás brancas coas plumas vermellas.

Vin un lostrego caendo na sombra,

brilabanlle as ganas, voaba no vento.

Subín na noite escura bica-la lúa,

coas as brancas, saltando o bacío.

Mirei para abaixo, tan so había néboa,

mirei para o ceo, centos de estrelas.

Caín o bacío. Na miña man a lúa.

Pousei o xeonllo. No peto estrelas.

Sentín o seu sabor, na boca dozura.

Cantei a canción que voaba no vento,

sentín tanta pena que chovían lamentos.

Vinte tan triste que morrías moi lonxe.



So fai un intre.



Sinto frío, sinto medo,

sinto aínda o seu alento,

a calor na almofada,

unha lágrima de sentimento.

Ola cariño, ¡canto tempo!.

Tan so fai un intre que non te vexo

que en ti non penso.

O mar escuro

as ondas do cabelo,

o seu aire, a súa brisa, o seu vento,

o olor da maña,

o sabor dos seus beizos.

¡Que arte che deu o ceo!

para rompe-la miña cordura,

e que lástima tan certa

non construír aventuras.

Sorís e bícasme.

Ensínasme as túas nubes de felicidade,

brilando os teus luceiros.

Ensínasme a pecar de mil formas diferentes.

Mírote, véxote,

gústasme, síntoo,

equí, nas entrañas,

no centro do universo.

Quen es ti? Dicesme.

Eu son a noite

eu son a aurora,

mais non teño o que quero.

Eu son a forza da chuvia,

son a calor dun volcán,

o ladrón da mentira, o da verdade,

mais non teño a quen amar.

Saes, entras na miña mente,

te-la pechadura aberta.

Quen che deu a chave?

como pasas sen chamar?

A chave son os teus ollos,

a chave o teu pelo negro.

Non abres a pechadura,

tiras coa porta.

Amo, ama, amor.

Tres palabras, a loucura,

tres palabras sen sentido,

tres palabras que se perden,

e voltan a ser de novo.

Ola cariño, canto tempo!

tan so fai uns minutos

que non te vexo,

que en ti non penso.



Pintando.



Pintando pintei a túa cara,

mirándome, querendo hasta a ialma.

Que pintura tan fermosa!

equilibrio, un ramo de rosas.

A pintura queimouse,

ardeu pola paixón

sentida so uns segundos,

lategazo no aire de sentimento.

Quen es ti ? dicesme.

Eu son o soño do meu delirar,

que busca o teu corpo,

que busca a túa mente

e que ti non me deixas de buscar.



Marcharon.



E marcharon todos,

os que tiñan e non tiñan que irse,

os teus e os meus, os de sempre.

E obviaron o contrasinal,

mais non a sentiron.

A noite chegou e abandoáronme.

Como se abandona o lixo no vertedoiro,

como se abandona o que non serve xa para lixo.

Fixeron lumes, e endexamais me viron,

e endexamais me sentiron.

As túas, as miñas fogueiras, fogueiras do amor.

E fóronse as túas, e fóronse as miñas,

fóronse as nosas, e deixáronnos sos.

Arde o eixe, arde o carro,

Arde a memoria da lembranza do ano.

Víchela ti,vímola todos, fogueiras.

Fixeron fogueiras, e ningunha era nosa,

e ningunha quixo ser nosa,

e ningunha quixo ser.

Cada un o seu. Coma sempre.



Rostrobaio.



A tristura de seu,

a inquedanza do amor,

de vela, de soñala,

da súa negativa,

co negro do ceo,

co negro da miña ialma.

O susto que para,

que deixa feble o corazón,

que pecha os ollos

para dicir que non;

que non e verdade.

Rostrobaio paseniño

coma carbón en cinza.

Rostrobaio da mente

que deixa de lado todo.

Rostrobaio que non me deixas,

rostrobaio que me fodes…

A cabalo dun can de presa,

vou cheirando xa o sangue,

comendo a miña memoria,

facendo que teño medo

e pánico o rostrobaio.

Arden as lapas

nas miñas entrañas,

vólvense fume na garganta

e valor o chegar a ialma.

Rostrobaio que me fodes,

ere-la fermosura,

música que sae da guitarra.

música que me raias,

deixa xa esa guitarra.

Música que me raias,

rostrobaio que me mollas,

que deixas a risa soa.

Arden as lapas, roxen,

estalan que meten medo,

e deixan tan so un bacío,

e saben que morre o ceo.

Sentín os raios,

mirei a musica,

probei o tacto,

sentina preto.

Volveume tolo o rostrobaio.



Princesa Mónica.



Durmido estaba o meu corazón

cando descubrín a princesa.

Abrín os ollos e soñei coa súa voz.

Quixen vela cada día, bicala.

Esperábame trala barra,

mirábame penetrante.

Que doce sensación a miña!

so pensar en ti, so en conquistarte.

Querida princesa Mónica,

ere-la sétima marabilla,

ere-la flor da alegría,

a que nunca se murcha.

Dáme auga da túa fonte,

mírame, traspásame,

déixame soñar contigo,

que teño sede da túa mirada.

Que non durmo por non soñarte,

e morrer; morrer de pena o espertar.

Tan so quero verte cada día,

que me biques, poderte amar.

Querida princesa Mónica,

ve-lo teu rostro e a miña alegría,

sentir que estas preto a miña paz,

un bico teu sería non amar nunca mais.

Aire da lonxanía,

o outro lado da barra estas,

ensíname ises olliños, a liberta.

Suspiros do sábado noite,

un amor sen coñecer,

e amores nas miradas.

Que non se acaban,

que se volven infinitas,

que as amo cada día,

cada triste amencer mais e mais.

Querida princesa Mónica,

a ilusión e a que vive.

a miña e eterna,

como a vida en primaveira.

Mónica da espranza,

de que o amor non sexa unha milagre,

e de que ti deixes de se-lo meu soño.

Mónica do amor eterno,

noite escura, medieval e

beleza da miña loita.



Gústame o seu recordo.



Non a amo, non a quero,

pero gústame o seu recordo.

Recordo, luces negras

que alumean fixamente,

que nunca deixan de alumar.

Raios negros a cintura

que entrecruzan, que se envolven,

voltas e mais voltas xirando na eternidade…

Chuvieira de raios sen tregua.

Cristal pulido a súa cara,

fermosura de artesán.

Quen te faría tan bela, que mete medo mirar?

Gústame o seu recordo,

en ausencia de claridade

enchendo de lúas o ceo,

rodeando de vistas o cárcere.

Gústame o seu recordo, alumeando no ceo.

E xa non a amo.

E xa non sei se a quero.



Vin voar unha pomba.



O día de hoxe e un soño,

un soño inexistente.

Vin voar unha pomba,

e non sei se existe sequera.

O día de hoxe e maxia,

recordo das rochas,

da marea, que sube, que baixa

que sendo pobre agoniza,

e tendo fame nostalxia.

Vin voar unha pomba,

unha pomba nun soño,

camiñiño das alturas;

branco percorrido ata o final.

Non existes tan sequera,

non existe a miña loita,

o poder da divindade,

a falla dalgunha guerra.

Onde estas miña ilusión?

que perdida teño a cabeza,

por ver voar unha pomba

camiñiño das estrelas


.

Lostrego endiañado.



Vendo a ialma do meu amor,

tan so tes que recuperala,

e quen sabe onde estará,

esa vida eterna, ises seus soños.

Voando tirou os cartos,

voando tirou os bicos,

correu polo aire,

e deixou de soñar.

Lostrego endiañado que fuxes,

lostrego endiañado que deixas baleiro,

queimado e cheo de fume,

queimado e cheo de néboa.



Música.



Música que me fai voar,

música que sube, que baixa

que non sabe onde vai,

que volta a ser ninguén.

Faime sentir ben,

cando empeza, cando acaba,

nas dúbidas do meu ser

que se van, que terminan,

que voltan comezar.

Como a vida que se enterra

e renacera.

Como esa música que soa,

que soa unha vez mais.

Sube, sube e fala toda ela,

por detrás.

No horizonte do atardecer,

das penas e das alegrías,

bate forte ise tambor,

bom, bom, e alegría,

melodía que me encanta,

no esquezo desas penas.

Cando o sol avanza no seu voo,

salto con il, cos seus raios,

co seu voar.

Reboto na lúa e sigo ata o infinito do universo.

Mestura de paisaxes e cores,

entrecrúzanse formando unha persoa.

Persoa, canta, xoga, baila o son desta música,

cambiando de rumbo o ser,

o esceario da ficción,

do comprender que ninguén comprende.

A eternidade esta preto,

eu síntoa coa música,

coa mirada do ollo

que non quero borrar nunca,

que me persigue nesta loita,

nesta música que non fago

mais que escoitar.

Caen bágoas de alegría,

na fusión diste ser,

na inmensidade feita morada

dos paxaros que cantan comigo,

que soñan os meu soños

e non saben onde voan.

Eu quixera ser paciente,

e recibir unha rápida morte

o son da música que se mete tan dentro

que non sei como quitar,

como buscar na nostalxia, no espertar,

na agonía do seu infinito.

Comen os peixes a auga salgada,

o placton sen o seu sabor.

Saben ó mar, a auga salgada,

a dozura, a beleza.

Baten as olas contra as ideas,

desaparecen, vólvense calor humán.

Déitome na praia e volto ata o sol.

Aurora boreal que me encantas,

que me magnetizas,

ti sabe-la verdade.

Que fermosa es,

toda rodeada de estrelas,

e que beleza saber que me entendes.

Magnetízame, enfeitízame

coa túa fermosura,

vólveme tolo como o fixo ela,

como o sigue facendo.



Abandoas obrigada.



Abrázame doce amiga,

sinte a miña pel de novo,

rodeando a túa cintura,

os meu labios nos bicos.

Cantas a alegría do final,

ti o sabes, eu o sei,

que doe, que non hai mais dor,

ca deixar o que un quere.

Abandoas obrigada

o mundo das tenebras.

Que ingrata enfermidade,

que triste a miña primaveira.

Abrázasme, adeus amiga,

ti o sabes, eu o sei.

Vaste sen despedirte,

polo maldito cáncer que te obriga,

que te condea a perder.

Tan so queda isto, iste momento,

gózao, gózao moi lento,

concentrándote na vida

que se vai xa por momentos,

que a derrota pode ser victoria,

e a victoria o ceo.

Non hai mais ca alegría que voa,

que emigra, que se vai lonxe,

levándoa a ela,

e deixando o seu oco,

o seu recordo, a súa mirada, a súa luz.



Aurora boreal.



Música que me segues,

que non me esqueces,

que me fas sentir ben,

mira a aurora boreal

como respira a túa luz.

Ela tamén baila a súa fermosura.

Fermosura que me enche,

continua o meu camiño,

continua o teu feitizo niste delirar.

Voo ata a aurora e éncheme,

chega dentro,

crávaseme a súa fermosura

coma coitelos de aceiro.

Voo no seu camiño,

niste continuo pesar,

obsesión que non para,

que nunca morre.

Eternidade do seu tacto o toca-la pel.

Magnetízame cos teus bicos,

aurora,

e lévame ata a eternidade coa musica.



Celos.



Mirábalo, fixamente os ollos,

sorrindo as súas caricias,

as que eu desexaba.

Alcohol, ven as miñas veas,

para esquece-la dor nos meus adentros,

os celos diste amor

que levarei a San Pedro,

pois peor inferno no no creo.

Mirábalo, feliz e ilusionada,

pensando no futuro,

na súa mesma mirada,

que de alegría cantaba.

Como a brisa que corta,

como o vento, como a choiva xeada,

como o sangue cando se derrama,

sentindo perde-la vida.

Como a arbore que parte un raio,

e ferido de morte xa solo arde.

Como a noite escura,

sen estrelas, sen lúa,

so noite, so escura.

O cego, o negro,

e a nada no meu peito.



Accións.



Marchar, abandoar, alonxarse,

deixar, omitir, esconderse.

Marchaches por medo,

por sentir demasiado,

alegrando a cara,

mentindo na historia.

Abandoachesme na miña soidade.

Abandoado estaba xa,

pero non me sentía,

tan so sospeitaba.

Alonxacheste como a corentena

da peste,

esquecendo todo,

renegando de deus,

sabendo o acerto.

Deixáchesme so, ca miña desgracia,

co vento a soprar,

coa choiva mollando.

Omitiches as mensaxes,

non soubeches dicilas,

nin escribilas sequera.

Escondícheste, covarde traidora

por non dar explicacións,

por non mirarme os ollos

e non verte ti como perdedora.



A peste.



¡Socorro!, ¡socorro!

Tranquilo, so e un soño,

un feo pesadelo.

Rompera deixando todo cor da peste.

Tranquilo, so e un soño.

Centos de homes, mulleres e nenos,

de aquí, de acola,

encheron as mans da cor da peste.

Tranquilo, so e un soño.

Quedaban sen traballo,

sen poder mirar o mar…

Chegaban os barcos

cheos de peixe, cor da peste.

Tranquilo, so e un soño.

Afundiron o barco,

afundiron a peste.

Chegaban agora as ondas do mar,

aquí, acola, noutras nacións,

da cor da peste.

Tranquilo, so e un soño.

Fixeron a boa, fixérona boa…

Arrimade o ombreiro,

imos limpa-la peste.

Tranquilo, so e un soño,

un feo pesadelo.

E saíron a rúa,

coa cara, coas mans,

coa propia bandeira

da cor da peste.

Tranquilo, so e un soño.

E fixeron promesas

coas mans limpas de ver

manchadas coa peste.

Tranquilo, so e un soño.

Ó mar, ó mar,

imos todos quita-la peste.

Tranquilo, so e un soño.

Choraban, morrían de pena,

rascando nas rochas,

arrancando na peste.

E marchaban os pais buscando traballo,

deixándoo todo

por culpa da peste.

Alegrádevos nenos, o barril sube,

nos témo-lo gratis gracias a peste.

Tranquilo, so e un soño.

E pasaban os anos e a peste voltaba,

de deus sabe onde, ca cor negra da peste.

Tranquilo, so e un soño, un feo pesadelo.

¡Socorro!, ¡socorro!, eu tamén estou vivo.



Choraba no horizonte.



Chegou o atardecer e atópome xa durmido,

como dormen as estatuas derruídas

na praza dos segredos.

Foise xa o sol, foise a miña vida.

Choraba no horizonte

as estrelas do amor da vida,

da súa vida que se acaba,

polo cancro que non perdoa,

e so as veces da segundos,

e so as veces chora dúas veces.

No horizonte vaise todo.

Vaise a súa claridade,

vaise o seu bo facer

quentando as ialmas da xente.

Mais agora xa non quenta,

mais agora xa non vive.

Que putas son as nubes

da miña agonía,

que se venden por diñeiro,

que venden a mala sorte

da escuridade do sepulcro.

Chorade estreliñas miñas,

chorade a súa morte.

A lúa chega, pero non quenta.

Quen o sabe, quen saberá

cando volverá quentar.



Perdino todo.



As cousas que se perderon,

que non aparecen mais.

Raios de luz que caeron

en furado negro,

raios de luz que saben

a caramelo.

Mentinche, e agora

so vexo o horizonte,

pero non te vexo.

¿Ónde estas miña alegría,

que so quedan nubarros,

e quedan horas solitarias

para que chegue de novo o sol?.

Musica da tristura corre polas veas.

Acabouse, acabou o día,

e non teño forzas, e non teño a vida,

e non teño aire, e non teño a musa.

Mais chegou a aurora,

e non sente nada, pois esta bacía

sen a túa luz.

Perdinte para sempre

E perdino todo, e perdín o amor.

Ata aquí cheguei.

Crucémo-la raia doutro pais,

xiremos a esquerda para vela lonxeva,

firmemos acordos que nunca acordei,

fuches alivio do meu pesadelo.



Ata aquí cheguei.



Non corro xa mais.

Crucei o tellado e saín voando,

pero non valeu de nada.

Oíche-los gritos de auxilio,

a non axudaches.

Ameite e ti non me amaches.

Podo parecer estrano,

podo sufrir engano,

podo chorar e verte chorando,

podo amar, morrer amando,

podo soñar que ti tamén estas soñando.

Cruceite na rúa, cruceite no aire,

cruceite no vento, sentinte tan preto!.

Cruceite nas estrelas, no firmamento,

Sentinte tan lonxe!

Cheirabas a frores, ulías a medo,

cantabas correndo.

Fúche-lo todo e non fuches nada…

Cheirabas o sal, ulías a tenro,

fuches amiga, fuches veleno.



Son da gadaña.



O son da gadaña ameazoume

e fíxome forte.

Choraba coa pena daquela tristura,

bulir na mente a súa beleza,

e o traerme amargura.

O son da gadaña sempre me atopa,

e ata agora ignora.

Dun lado para outro lévame a voltas

ca miña loucura, cos seus ollos negros,

ca súa fartura.

E soa tan forte

que non se oe mais nada

que o rombar da gadaña,

que ven, que vai,

sempre afiada.

O son da gadaña lévame lonxe,

nas miñas historias,

na miña memoria,

xogando coa vida,

canto mais preto soa.

Todo por ti miña rula morena,

que te fuches de pronto,

deixando un baleiro que ninguén encherá,

deixando a loucura de non terte xa mais.

Se xa non estas sentíndote preto,

penso no doce son da gadaña,

no doce soar,

e míroche os ollos

mentres a escoito como as ondas do mar.



Alguén nos verá.



Que nos fixemos, para chegar equi sen ninguén?

Choramos polos nosos, e xa non o son.

Rimos con iles e xa non están.

Ensinámoslles cousas e de nada serviron.

Choremos nos de novo, riamos mais forte e

e ensinémoslles cousas, que alguén nos verá.




Doce ponferradina.

Pola mañá, rindo os paxaros.

O mediodía coa luz no alto.

Pola tarde en hora de tapas.

Nas noites de frío e xeada,

soño contigo, cos teus ollos negros,

co teu amable sorriso, doce ponferradina.



Onde estas amor?


Amor, ¿ónde estas amor?

¿ónde están os teus soños?

O teu amor pola lúa,

o teu amor polo sol.

Pensaches quizais en vela,

e tan so foi iso,

tan so a viches e fuxiu.

Fuxen as iras do corpo cheirento,

do mal, do seu incrible zoar,

como zoan as mortes dos vellos

o espira-la ialma.

Onde están os teus bicos que non sinto nada,

tan so te estou vendo, e non teño nada.

Víche-la ti, calándome dentro,

mollándome o corpo, fuxindo da néboa.

Fuxiu, como foxen os cartos do peto baleiro,

e esquecen os nenos as leis da xungla.

Víche-la ti, pero fuxiu.



Aí estas ti.


Pasa un día, pasan dous, pasan todos,

e aí estas ti, no meu recordo,

no principio, no final,

na memoria eterna,

e no amor eterno e infinito.

Volves a min,

como volve a mañá,

o frío amencer,

o mollado escurecer..

Como a lúa sen a súa luz,

que choraba as estrelas.

Amor vello, amor novo.

Regresando a tortura,

de respirar, de tomar alento,

obrigándome de novo

como vexetal.

Silvas na miña orella

colleitando sempre algo novo,

bombardeas no meu peito,

aceleras ise alento,

deixando ise vello novo.



Granada.


Na cea daquil soño,

sucumbía para sempre

a tristura doutros tempos.

A caricia da noite

abrazaba o corpo enteiro

coas luces doutro tempo.

A calidez da pel

e as páxinas pasadas.

Aí estas, soño con verte.

Aí estas, sinto o teu arte.

Aí estas, cantando a copla.

Aí estas miña raíña mora,

miña Granada, miña Alhambra,

miña sede de ti, da túa auga,

da túa luz no sorriso

e alegría na montaña.



Agardando.



Estaba tirado na cama

agardando a negrura da morte,

pedindo, chorando o seu fin.

Esperaba por segundos,

pensando cal seria o ultimo,

soñando erguerse da cama,

vacilando en molla-lo pixama.

María, María, María,

onde estás María?

Ninguén respostaba,

ninguén había na casa.

Rezando choraba,

verse inútil, morto en vida,

un sufrimento dobre.

Agonía eterna ata o seu fin.

Vin morrer tanta xente, pensaba,

e agora tócame a min,

o descanso eterno, exaculación,

orgasmo do corpo

o desfacerse da ialma.

Entre augas viu a nena,

a súa enfermeira,

o alento, a fror, nova vida,

retoño novo, a primavera.

Miña nena, miña filliña, María,

axúdame que me erga.

Ti ere-la maña,

eu xa son a noite.

Ti ere-la ilusión,

Eu son o recordo.

Miña nena, vinte,

como o que ve o lostrego

e non ve a súa ferida.

Miña nena, miña filliña,

ti nunca mais me voltas ver.

Tirado na cama,

agardando a negrura da morte,

chorou o seu fin.



Vótote de menos.



Voto de menos falarche

e recordarte unha e outra vez,

sen cesar nunca.

Penso na túa mirada

que me da alegría,

na túa delicadeza

que me estremece,

no sorriso que me aleda,

nos teus cabelos que me fan voar,

nos teus bicos que non fago

unha e outra vez,

mais ca imaxinar.

Vótote de menos

na auga das miñas bágoas,

nas ilusións feitas para ti,

no canto do tolo

que non pode parar,

non para de pensar,

de imaxinar, de voltar atrás.

Vótote de menos no insípido adeus,

na pouca verdade do mundo,

nos cruces de miradas sen valor,

na alegría da noite o verte,

na estrela que se estrela fugazmente

e sen desexo, sen futuro.

Vótote de menos

como a noite que te viu nacer,

como a treboada que se foi sen chuvia,

como po que polo aire voa

sentindo que non pode mais,

como a andoriña que volta o niño,

como un rato sen o tempo,

como iste amor a saber de ti,

como iste amor a sentirte equi,

como iste amor a quererte,

a amarte a ti.



Cheo.


O meu corazón está cheo

de amor a muller morena.

Meu corazón está cheo

como paxaro que se afasta

e non sabe onde vai,

so sinte a necesidade, a súa necesidade.

Ámoa, e o meu corazón está cheo,

cheo sen tela, cheo sen saber dela,

cheo por chorala.

O meu corazón esta cheo, cheo e canso.

canso de adorala, canso de que non me queira,

canso de vivir sen ela,

canso de morrer o vela.

Quéreme, non me quere.

E a doce margarida

que me enche o corazón,

que non confía na paixón

e que dorme no meu pasado,

no meu presente, nas dúbidas sen final

de non chegar o Everest,

conformándose tan so

con sufri-la súa vida,

mentres eu a amo

e o meu corazón esta cheo,

cheo de amor, do meu amor.



Equi estou.


Nesta casiña estou xa.

Na vella e escura soidade.

No doce medo do frío.

Na calma, na sorte perdida.

No aire vello e húmido.

Na tristura de non verte mais.

No esquezo dos teus recordos.

Na agradable pace, cara a morte.

No vento do teu sorriso.

Na túa visión, na túa sombra.

No refuxio inacabado e con fisuras.

Na alegría de coñecerte.

No pracer de saber que existes.

Na auga de vida do teu mirar.

No alambique, augardente e viño que emborracha.

Na feitura do teu rostro.

No longo brilante e negro dos teus cabelos.

Na vergonza de non poder amarte.

No rastro que empalaga querendo mais.

Na vida sen ti.

No momento da morte do meu corazón.

Na cama do vello que quixo partir.

No maldicir diste momento.

Na ialma partida en dous.

Na ialma partida en dous.



Quedaches na memoria.


Fai unha semana

que a vida pasa

tan a miúdo,

que xa non pasa.

Como a foto dun lostrego

quedaches ti na memoria.

Amarga equipaxe

na lista da axenda,

nises vellos papeis

que xiran, que dobran,

que rompen as veces

comendo os miolos,

xogando a baralla,

e senten as bagoas

das letras que quedan.

Dobrémonos de novo

sen buscarnos nunca

mais na axenda.

Espertemos co rebumbio,

agarremos mais

o estremece-los corpos

mentres voltamos ó paraíso.



Quero.



Quero verte de novo

miña princesa,

que eu dareiche

unha coroa

con mil verdades,

con mil inquietudes,

con miles de bicos,

con miles de estrelas.

Quero sentirte mais preto.

Que a visión se confunda,

que se confunda a verdade,

bebendo felices o amor

e a paixón dunha foto

que recorda o pasado.

Vivila mentira

vivila verdade,

do amor que se vai,

do amor que comeza

so soñando quizais.



Musa.



Durmido esta xa o tempo,

na miña memoria,

daquelas imaxes, da vela doncela,

de cara agradable.

Mírame agora,

e verasme ca pedra

rozando o xeonllo,

rezando por ti,

rezándoche a ti,

para que so sexas

o anxo da garda

daqueles recordos,

do teu sorriso,

da túa alegría,

e do amor verdadeiro

que como unha musa

me inspiras.


Copyright © 2005 JM .Chanteiro . Todos os dereitos reservados.
Estas poesias estan protexidas por os dereitos de autor , e estan debidamente rexistradas polo que a súa autoria non deixa lugar a dudas .